Actualidade


Ciclo de conferencias 'Políticas culturais na Galiza'
Abril de 2016
A Coruña

Ao longo deste mes de abril celebrarase o ciclo Políticas culturais na Galiza, organizado por membros da área de Filoloxías Galega e Portuguesa, co apoio da Comisión de Cultura da Facultade de Filoloxía. 


As integrantes do Grupo ILLA, Leticia Eirín García e Teresa López, amais do profesor Roberto Samartim, organizan o ciclo que leva por título Políticas culturais na Galiza, que tamén conta co apoio da Comisión de Cultura da Facultade de Filoloxía.

 

Programa
7 de abril: “Políticas culturais institucionais no ámbito local”, coa participación de Goretti Sanmartín Rei e José Manuel Sande.
14 de abril: “Políticas culturais institucionais no ámbito galego”, coa presenza de Ramón Villares Paz e Anxo Lorenzo.
21 de abril: “A acción cultural de base”, con Pilar García Negro, membro do Grupo ILLA, e unha persoa representante do Centro Social Gomes Gaioso.
Todas as sesións terán lugar no Salón de graos da Facultade de Filoloxía a partir das 12.30 h.