Actualidade


Chamado para publicacións na Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor
15 de febreiro de 2019

O Consello Editorial da colección da Biblioteca-Arquivo Teatral 'Francisco Pillado Mayor' mantén un chamado continuo para a publicación de novos volumes nas súas series Azul, Verde e Branca, dedicadas respectivamente á Literatura teatral galega, á Literatura teatral en lingua portuguesa e á Literatura teatral noutras linguas.


Desde 1997 a Biblioteca Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor publica unha ambiciosa colección de documentos, textos teóricos, pezas teatrais e traballos académicos especializados sobre títulos dramáticos galegos e portugueses, ben como de calquera outra tradición teatral. Desde 2017 as publicacións están agrupadas en tres coleccións (a Serie Azul, a Serie Verde e a Serie Branca) dedicadas respectivamente á Literatura teatral galega, á Literatura teatral en lingua portuguesa e á Literatura teatral noutras linguas.

O Consello Editorial da colección da Biblioteca-Arquivo Teatral 'Francisco Pillado Mayor' mantén un chamado continuo de traballos especializados sobre calquera aspecto dramatúrxico, estético ou de recepción teatral, ben como de edicións comentadas de monumentos dramáticos.

Os traballos propostos deberán ser orixinais e inéditos e estar redixidos en galego ou en portugués. Se a proposta envolve a edición crítica dun(s) texto(s) dramático(s) nunha lingua diferente, esta deberá incluír unha tradución para o galego do(s) mesmo(s) para poder(en) ser publicado(s) nunha edición bilingüe.

Máis información en:

http://illa.udc.es/biblioteca_arquivo_pillado/achega