Actualidade


Ramón Otero Pedrayo no Grupo ILLA
A Coruña

O 5 de marzo de 1888 nace en Ourense o escritor galego Ramón Antonio Vicente Otero Pedrayo.


Ramón Otero Pedrayo naceu en Ourense, na rúa da Paz –coñecida até 1839 como rúa dos Zapateiros– o 5 de marzo de 1888 e faleceu na casa natal o 10 de abril de 1976, cando o reloxo da catedral ourensá daba as oito da mañá.

 

Membro destacado da Xeración Nós, xunto con nomes como Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Vicente Risco, Antón Losada Diéguez, Florentino López Cuevillas, etc, converteuse nunha das grandes figuras da literatura e a cultura galega. Foi un dos fundadores da revista Nós, que se creou en Ourense en 1920 e se publicou até 1936, comezo da guerra civil en España. En decembro de 1931, participou en Pontevedra na fundación do Partido Galeguista. 

 

O noso escritor protagonizou o primeiro discurso en galego nun acto público de que se ten constancia durante a etapa franquista. Aconteceu o 11 de novembro de 1949, o día de san Martiño, co gallo da inauguración dun monumento dedicado a Lamas Carvajal pola conmemoración do centenario do seu nacemento, na cidade de Ourense. 

 

Foi o autor da primeira tradución que se realizou en calquera das linguas peninsulares duns fragmentos do Ulises de James Joyce, publicada no número 32 da revista Nós o 15 de agosto de 1926. Esta tradución representa a vontade de toda a Xeración Nós de vincularse ao movemento anovador que se estaba a desenvolver na literatura do resto de Europa e por situar a literatura e cultura galegas en diálogo coas da súa contorna. 

 

Cultivou a narrativa, o ensaio –fundamentalmente de carácter histórico, xeográfico e literario– o teatro, a poesía e o relato breve, alén da obra xornalística e de escribir tamén guións cinematográficos.

 

Otero Pedrayo é obxecto de estudo nos diversos traballos de investigación realizados polo Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega (Grupo ILLA). Carme Fernández Pérez-Sanjulián, Laura Tato Fontaíña, Carlos Paulo Martínez Pereiro, Xosé Manuel Sánchez Rei e Estefanía Mosquera Castro, membros do Grupo ILLA, dedicáronlle parte das súas investigacións.

 

Libros

Mosquera Castro, Estefanía / Sánchez Rei, Xosé Manuel (eds.), Correspondencia entre Manuel María e Ramón Otero Pedrayo (1951-1974), Outeiro de Rei, Fundación Manuel María, 2014, 132 pp. [ISBN 978-84-942893-1-6].

Tato Fontaíña, Laura, Do teatro ao cinema. Obras dramáticas e guións de Ramón Otero Pedrayo, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 2013, 170 pp. [ISBN 978-84-7824-635-9].

Fernández Pérez-Sanjulián, Carme, A construción nacional no discurso literario de Ramón Otero Pedrayo, Vigo, A Nosa Terra, 2003, 281 pp. [ISBN 978-84-96203-45-7 ].

Sánchez Rei, Xosé Manuel (ed.), O fidalgo e o teatro. Tres textos dramáticos de Ramón Otero Pedrayo, A Coruña, Biblioteca-Arquivo Teatral “Francisco Pillado Mayor” / Departamento de Filoloxías Francesa e Galego-Portuguesa da Universidade da Coruña , 1999, 205 pp. [ISBN 84-95322-18-8].

Tato Fontaíña, Laura (ed.), O Bufón del rei, de Vicente Risco. A Lagarada, de Otero Pedrayo, Vigo, AS-PG / A Nosa Terra, 1997 [ISBN 84-89679-30-4].

Fernández Pérez-Sanjulián, Carme (ed.), Otero Pedrayo, Ramón O mesón dos ermos. Antoloxía de contos, Vigo, A Nosa Terra/ AS-PG, 1997, 166 pp. [ISBN 84-89679-28-2].

 

Capítulos de libros

Fernández Pérez-Sanjulián, Carme, "O motivo do mapa na narrativa de Ramón Otero Pedrayo", en José Ángel Fernández Roca & María José Martínez López (eds.): Vir bonus docendi peritus: homenaxe ao profesor José Pérez Riesco, A Coruña, Universidade da Coruña, 2002, pp. 85-92 [ISBN 84-9749-043-6].

Fernández Pérez-Sanjulián, Carme, "Narrativa e construción da identidade: Os camiños da vida de Ramón Otero Pedrayo", Estudos Galego-Brasileiros, 3, Rio de Janeiro (Brasil), Editora da UERJ, 2009, pp. 137-151 [ISBN 978-85-60559-08-4].

Fernández Pérez-Sanjulián, Carme / Sanmartín Rei, Goretti, "O estilo en Ramón Otero Pedrayo ", Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero, Santiago de Compostela, Parlamento de Galicia – Universidade de Santiago de Compostela, 2000, pp. 213-233 [ISBN 84-8121-826-X].

Fernández Pérez-Sanjulián, Carme, "Os heroes da narrativa de Ramón Otero Pedrayo ou o necesario compromiso co proxecto de construción nacional", en Maria do Amparo Tavares Maleval & Francisco Salinas Portugal (eds.): Estudos Galego-Brasileiros, 1, Rio de Janeiro (Brasil), H. P. Comunicação / Universidade do Estado do Rio de Janeiro, 2003, pp. 219-240 [ISBN 85-7576-033-5].

Fernández Pérez-Sanjulián, Carme, "Grupo Nós: Otero Pedrayo", en Ansede Estraviz, A. / Sánchez Iglesias, C. (dirs.): Historia da Literatura Galega, 3, Vigo, A Nosa Terra / AS-PG, 1996, pp. 705-736 [ISBN 84-89679-04-5].

Fernández Pérez-Sanjulián, Carme, "Ramón Otero Pedrayo, a construción nacional desde o xornalismo", en Aneiros Díaz, R., López García, X., Freixanes, V.F. : Xornalistas con opinión II, 2, Vigo, Consello da Cultura Galega/Galaxia, 2010, pp. 159-175 [ISBN 978-84-9865-338-0 ].

 

Artigos en revistas

Fernández Pérez-Sanjulián, Carme, "La literatura fundacional de Ramón Otero Pedrayo", Revolución y Cultura, 1, La Habana (Cuba), 2008, pp. 33-38 [ISSN 0864-1315].

Fernández Pérez-Sanjulián, Carme, "Recepción da obra oteriana", Revista das Letras, 1, Santiago de Compostela, O Correo Galego, 2001, pp. 12-13.

Martínez Pereiro, Carlos Paulo, "Viaxe ao centro da terra. Unha maneira de ler a Otero", A sombra imensa de Otero Pedrayo, 8, Vigo, A Nosa Terra, Col. "A Nosa Cultura", 1987, pp. 78-85 [ISSN 0213-3105].

Sánchez Rei, Xosé Manuel, "Fidalgos e pazos no teatro de Ramón Otero Pedrayo", CasaHamlet. Revista de Teatro, 12, 2010, pp. 52-57 [ISSN 1888-2056].

 

Comunicacións en congresos

Fernández Pérez-Sanjulián, Carme, "Europa como referente de identificación na narrativa de Ramón Otero Pedrayo ", en IX Congresso da Associação Internacional de Lusitanistas (4-9 de agosto de 2008), Associação Internacional de Lusitanistas/Universidade da Madeira, Funchal- Madeira (Portugal).

Sánchez Rei, Xosé Manuel, "Otero Pedrayo durante a Segunda República", en V Congreso Internacional de Literatura Española Contemporánea: La República de las Letras y las Letras de la República, Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña. Publicado en F. López Criado (Ed.): La República de las Letras y las Letras de la República. Estudios de Literatura Española Contemporán, Universidade da Coruña / Concello da Coruña / Deputación da Coruña / Xunta de Galicia, 2005, pp. 277-282 [ISBN 84-95600-28-5].

Fernández Pérez-Sanjulián, Carme, "A obra narrativa de Otero Pedrayo", en Xornadas arredor de Otero Pedrayo, Santiago de Compostela.

Fernández Pérez-Sanjulián, Carme, As figuras femininas na narrativa de Ramón Otero Pedrayo, Universidade de Santiago de Compostela, 1988.

Martínez Pereiro, Carlos Paulo (ed.), Ramón Otero Pedrayo: Café de Espellos, A Coruña, Cadernos da Escola Dramática Galega, 1988.

Martínez Pereiro, Carlos Paulo (ed.), Ramón Otero Pedrayo: Traxicomedia da Noite dos Santos, A Coruña, Cadernos da Escola Dramática Galega, 1988.

Sánchez Rei, Xosé Manuel, "Longa e calma marea: sobre o teatro de Ramón Otero Pedrayo", CasaHamlet. Revista de Teatro, 10, 2008, pp. 80-87 [ISSN 1888-2056].

 

Recensión

Fernández Pérez-Sanjulián, Carme, "Patterson, Craig, Otero Pedrayo na Gran Bretaña", Grial, 173, Vigo, Galaxia, 2007.

 

Outras

Fernández Pérez-Sanjulián, Carme, As figuras femininas na narrativa de Ramón Otero Pedrayo, Universidade de Santiago de Compostela, 1988.

Martínez Pereiro, Carlos Paulo (ed.), Ramón Otero Pedrayo: Café de Espellos, A Coruña, Cadernos da Escola Dramática Galega, 1988.

Martínez Pereiro, Carlos Paulo (ed.), Ramón Otero Pedrayo: Traxicomedia da Noite dos Santos, A Coruña, Cadernos da Escola Dramática Galega, 1988.

Sánchez Rei, Xosé Manuel, "Longa e calma marea: sobre o teatro de Ramón Otero Pedrayo", CasaHamlet. Revista de Teatro, 10, 2008, pp. 80-87 [ISSN 1888-2056].

Sánchez Rei, Xosé Manuel, "Otero, no escenario que lle corresponde", La Voz de Galicia, 1, 2001, pp. 16-17.

 

Tese de doutoramento

Fernández Pérez-Sanjulián, Carme Ramón Otero Pedrayo: unha narrativa fundacional (Universidade da Coruña 2002), dirixida por Pilar García Negro e co-dirixida por Xosé María Dobarro Paz.