Activities


II Coloquio Lingüística Histórica
26th & 27th of June of 2014

Os días 26 e 27 de xuño desenvolverase na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña o II Coloquio de Lingüística Histórica, organizado polo Grupo ILLA. Ten como obxectivos revisar e pór ao día os avances nos estudos de lingüística histórica galega e portuguesa, do léxico e da edición textual; e presentar as experiencias investigadoras nos ámbitos galego, portugués e románico.


Inscription

A inscrición é gratuíta. Deberá enviarse un correo electrónico a grupo.illa@udc.es, cos seguintes datos persoais: nome e apelidos, DNI,enderezo postal, teléfono e enderezo electrónico. Máis información: 981 167 000 (exts. 4723, 1824, 4774, 4773).

O prazo de inscrición remata o 25 de xuño de 2014.