Actividades


II Coloquio Lingüística Histórica
26 e 27 de xuño de 2014

Os días 26 e 27 de xuño desenvolverase na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña o II Coloquio de Lingüística Histórica, organizado polo Grupo ILLA. Ten como obxectivos revisar e pór ao día os avances nos estudos de lingüística histórica galega e portuguesa, do léxico e da edición textual; e presentar as experiencias investigadoras nos ámbitos galego, portugués e románico.

 

Programa


Organización

Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega (Grupo ILLA). Liñas de investigación: lingüística histórica e historia da lingua; ecdótica e crítica textual galega e portuguesa; literatura medieval galego-portuguesa

Dirección

Manuel Ferreiro

Organización

Leticia Eirín García e Xoán López Viñas

Secretaría

Estefanía Mosquera Castro e Luz Varela Armas

Inscrición

A inscrición é gratuíta. Deberá enviarse un correo electrónico a grupo.illa@udc.es, cos seguintes datos persoais: nome e apelidos, DNI,enderezo postal, teléfono e enderezo electrónico. Máis información: 981 167 000 (exts. 4723, 1824, 4774, 4773).

O prazo de inscrición remata o 25 de xuño de 2014.

Persoas destinatarias

Profesorado e alumnado universitario, profesorado de ensino primario e secundario, de escolas oficiais de idiomas e de formaciónprofesional, inspectores/as ao servizo da Administración educativa e inspectores/as de educación, profesionais de gabinetesde normalización lingüística.

Recoñecemento de horas e créditos

Este Coloquio ten unha duración de 16 horas e ten recoñecido 1 crédito de libre elección (código 514/68) para o alumnado da Universidade da Coruña. Para obter o diploma de asistencia será preciso acudir ao 75% das conferencias programadas.

Lugar

Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña

Programa

 

Resultados

Fotografías