Actividades


Novas tendencias na investigación lingüística no espazo galego-portugués
24 de abril de 2015

O vindeiro 8 de maio terá lugar na sala Ricardo Carvalho Calero da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña o encontro “Novas tendencias na investigación lingüística no espazo galego-portugués”,  organizado e coordinado polos profesores da Universidade da Coruña, Xosé Manuel Sánchez Rei e Estefanía Mosquera Castro, membros do Grupo ILLA.

Este encontro contará coa presenza dos seguintes relatores: Neal Baxter (Universidade de Vigo), Noemí Basanta Llanes (Universidade de Santiago de Compostela), Maria Aldina Marques (Universidade de Minho), Xavier Guinovart (Universidade de Vigo), Ricardo Pichel (Universidade de Santiago de Compostela/University of Birmingham), Xavier Varela (Universidade de Santiago de Compostela), Estefanía Mosquera Castro (UDC), Xosé Ramón Freixeiro Mato (UDC) e Xosé Manuel Sánchez Rei (UDC).

Programa

 


Organización

Grupo de investigación ILLA

Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística

Universidade da Coruña

Coordinación

Xosé Manuel Sánchez Rei & Estefanía Mosquera Castro

Secretaría

Luz Varela Armas

Lugar

Sala Carvalho Calero, no 4º andar da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, a partir das 09h45.

Programa