Actividades
O vindeiro 29 de outubro desenvolverase na Sala Carvalho Calero da Facultade de Filoloxía da UDC o seminario de investigación Novos ollares á literatura do século XIX, organizado polo proxecto de investigación Cronoloxíca da literatura galega (1801-1900) –dirixido pola profesora Teresa López Fernández–, o Grupo ILLA e o Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística.
Novos ollares á literatura do século XIX está dirixido a todo o profesorado, persoal investigador e persoal investigador en formación. Certificarase a asistencia para o cómputo como horas de formación no doutoramento.
Proxecto de investigación Cronoloxía da literatura galega (1801-1900)
Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega (Grupo ILLA). Liña de investigación: literatura contemporánea galega
Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña
Coordinación e dirección
Teresa López (Grupo ILLA)
A inscrición é gratuíta e realizarase enviando un correo electrónico a grupo.illa@udc.es
Destinatarios
Profesorado, persoal investigador e persoal investigador en formación.
Certificarase a asistencia para o cómputo como horas de formación no doutoramento.
Sala Carvalho Calero da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña
|
29 de outubro de 2014 |
---|---|
Hora |
Sesión |
10:30
|
Antón Figueroa (Universidade de Santiago de Compostela): A idea de campo social na análise da historia literaria galega. |
12:30
|
Álex Alonso (Brooklyn College, CUNY): A invención do Rexurdimento: o relato nacional a través da memoria literaria. |
16:30
|
Kathleen March (University of Maine): As literatas do XIX e a tinta invisíbel. |
18:30
|
Xurxo Martínez (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades): Prensa e Rexurdimento: propostas metodolóxicas a propósito de La Oliva. |